miércoles, 7 de marzo de 2018

O TAICHÍ COSTA UIN POUQUIÑO MÁIS

Vamos a probar co Taichí,

Movementos suaves continuos e fluidos, cos que se traballa a flexibilidade, a coordinación e ol equilibrio. Actividade física sen impacto agresivo. 
Posicions básicas de Taichí: abarcar o universo, soster o ceo e a terra, apartar a crin do cabalo, acariciar o cabalo salvaxe, a grulla extende as alas, parar ol vento.
O Taichí cóstanos un pouquiño máis.


lunes, 12 de febrero de 2018

NOCIÓNS BÁSICAS DE ERGONOMÍA

A casi todos os maiores lles doe a espalda. Ademáis dos desgastes propios do uso, abuso e idade, tamén é certo que igual cando eran pequen@s non lles falaron das posturan que eran máis correctas e cales non se debían adoptar.
Así que este curso empezamos co alumado de 1º e 2º de Primaria, que ainda non teñen vicios adquiridos.



Para coller un obxecto que está alto, en vez se estirarnos e poñernos nas puntas, debemos coller un pequeno taburete ou silla do noso tamaño, para collelo cómodamente.






Para levantar un obxecto do chan, non debemos flexionar a espalda baixando a cabeza, debemos flexionar os xeonllos, baixando coa espalda ergueita e a cabeza sen forzar.






Para transportar un peso, non é bó levalo colgando de forma que os brazos e a espalda vaian en tensión. Debemos levalo centrado, collido coas duas mans e pegado ao corpo. Así vai equilibrado e o corpo non sofre.





Cando estamos sentad@s deberíamos facelo en cadeiras con respaldo para que a espalda esté ergueita. e os pes apoiados no chan.





Quiet@s e parad@s ...peron non ríxid@s nin firmes. A musculatura e as articulacións deben estar relaxadas, así que nos paramos con un pe máis adiantado que o outro.






Para ler sentad@s, a espalda ergueita e o libro a altura dos ollos. Nada de baixar a cabeza nin estar encorvad@s!.....O ideal sería ter un atril na mesa.







Facemos mal algo tan habitual como atar os cordóns dos zapatos. Nunca debemos baixar a cabeza con flexión de espalda. Debemos flexionar os xeonllos, apoiando un no chan e así sen problemas de equilibrio e relaxad@s ataremos ben os cordóns.



sábado, 3 de febrero de 2018

VAMOS CO IOGA!

Outra forma de que o noso corpo traballe, pero sen forzar, é coa práctica do ioga.

O alumnado de 3º intenta collerlle o gusto coas posturas básicas: a cobra, o gato, o can, o cravo, o bebé, a vela.




E cos nenos e nenas de infantil traballamos utilizando dende youtube o "Saludo al Sol"


lunes, 15 de enero de 2018

....FOMOS A PATINAR!!!

Seguimos a repetir a experiencia de ir a patinar á pista de Xeo do Marineda City de A Coruña. É verdade que algúns nenos e nenas teñen medo e non se apuntan.... Pero aos que sí se atreven a ir sábelles a pouco!!!


VISITA AO CENTRO ISSGA

Gustounos o que vimos e fixemos o curso pasado no Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de A Coruña, así que, aproveitando que o día 12 de xaneiro íamos a patinar, voltamos a visitar o ISSGA disfrutanto dos seus obradoiros.

domingo, 17 de diciembre de 2017

RELAXACIÓN

Xogar é moi divertido. Co xogo a nosa mente énchese de boas vibracións. Xogar é unha actividade física moi completa, pero....tamén cansa.

Qué mellor que rematar a sesión con un bó masaxe que nos relaxe!

lunes, 27 de noviembre de 2017

CURSO 2017/2018. PARTICIPAMOS NA CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

Este curso, o 24 de novembro, participamos  na carreira de campo a través escolar que se desenvolveu no polígono de Bértoa.
Só participaron os nenos e nenas de 2º e 3º, porque os outros cursos xa tiñan programada unha saída, ...e xa sabemos que non se pode estar en dous sitos ao mesmo tempo!

viernes, 23 de junio de 2017

DESCUBRIMOS O MELGA!

Por primeira vez os nenos e nenas deste centro visitaron o Museo Etnolúdico de Galicia, que está en Ponteceso.
Foron o alumnado de 1º e 2º de Primaria, e viñeron con gañas de volver.






Pero e que ademais unha nena de 2º batiu un record no Melga, foi a que máis alto fixo unha torre de pinzas.