Son moitos os adultos que non as coñecen. Así que neste centro vamos a traballalas nos tres últimos cursos da educación primaria.
Entendemos que é un alumnado demasiado cativo para saber exercitalas con precisión, pero máis que buscar a perfección, o que buscamos é crear un hábito, unha mecánica, e, sobre todo, que o alumnado interiorice o seu valor e importancia.
No vídeo reflíctese a primeria sesión que desenvolveu o alumnado de 4º ante un corpo que precisase da Reanimación Cardio Pulmonar. E obsérvase que a primeira intención de conseguir que o alumnado se implique está conseguida.